domingo, 26 de novembro de 2023

1º PROGRAMA: A NOVA LEI ANIMAL

Os alumnos de 3º da ESO fixeron un gran traballo de investigación na clase de valores sobre a nova Lei Animal que quixeron compartir con todos a través deste gran programa. Esperamos que vos resulte tan interesante como a nós facelo. Voltamos no próximo programa da Radio Abrente!

venres, 3 de novembro de 2023

Unha compresión lectora moi tenebrosa


Estes días son os máis tenebrosos de todo o ano, e para traballar na mesma liña deixamos por aquí uns exercicios para traballar a comprensión lectora sobre esta temática. Espero que non vos de moito medooo











luns, 26 de xuño de 2023

DIARIO DE VERÁN

 

O verán é moi longo e podemos facer moitas cousas divertidas...neste diario podemos recoller todas esas novidades xunto con imaxes, textos, area...
Preme na imaxe, descarga e imprime o diario para poder completalo!

venres, 2 de xuño de 2023

RADIO ABRENTE 3º TRIMESTRE: CARREIRA DO SALNÉS

Os alumnos de 4º da Eso durante a carreira realizaron unhas entrevistas a varios profes e participantes e tamén aproveitaron para comentar algunha das carreiras. Esperamos que o pasarades y vémonos o ano que ven!


venres, 19 de maio de 2023

xoves, 16 de febreiro de 2023

RADIO ABRENTE 2º TRIMESTRE: DÍA MUNDIAL DA RADIO

 Neste programa os alumnos de 6º de primaria fan unha entrevista a Oswaldo García, locutor de Radio Pontevedra, para conmemorar o Día mundial da radio. Os encargados da introducción do programa son os alumnos de 3 anos, pasámolo en grande grabando.

Desexamos que vos guste e que disfrutedes!









mércores, 8 de febreiro de 2023

CONTOS CONTIÑOS

 Hoxe deixamos un vídeo para que escoitedes un conto moi fermoso sobre o inverno "UN COPO DE NIEVE EN EL BOLSILLO" Grazas ao alumnado da aula de educación especial! Tamén deixamos unhas actividades para divertiros despois. 






luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ, 30 XANEIRO

 O día 30 de Xaneiro conmemórase Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.  É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado a unha reflexión persoal fundamental, de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".



O líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, faleceu o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.


GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.




mércores, 21 de decembro de 2022

RADIO ABRENTE 1º TRIMESTRE: 2º DA ESO ANALIZA O CONSUMO EXCESIVO NO NADAL



Neste último programa do trismetre os alumnos de segundo da ESO analizan o consumo excesivo que se realiza no Nadal en diferentes ámbitos. Desexamos que vos guste. Que teñades boas festas e un bo comenzo de ano, vémonos á volta!




mércores, 14 de decembro de 2022

sábado, 19 de novembro de 2022

mércores, 26 de outubro de 2022

RADIO ABRENTE 1º TRIMESTRE

 1º Programa Radio Abrente "A casa abandonada"

Estimados ointes, aquí está de novo o voso programa de radio favorito! Nesta ocasión os alumnos voluntarios da clase de 6º de primaria fixeron un programa tenebroso moi acorde a tempada na que estamos. É un programa un tanto tenebroso así que esperamos que non pasedes moito medo.


xoves, 20 de outubro de 2022

OS TRES PORQUIÑOS!

 Hoxe deixamos un conto adaptado en pictogramas de arasaac xunto cunha actividade creada en geanilly para pasar un bo rato cós máis cativos da casa!