martes, 4 de febreiro de 2014

EN QUE ESCALÓN ESTÁS? ESCALEIRAS PARA A REFLEXIÓN

Os alumnos e alumnas de 4º fixeron un traballo titulado En que escalón estás?

Dentro das actividades que estamos levando a cabo no noso colexio para implantar novas metodoloxías de ensinanza aprendizaxe, os alumnos e alumnas de 4º queren presentarvos as nosas novas escaleiras.
Son as escaleiras de ¿En que escalón estás?  e que axudan o alumnado a reflexionar polas mañáns antes de entrar a clase.
Nós as realizamos en papel continuo con folios fixeron as letras e os emoticonos, que pintaron de cores e para finalizar as repasaron con rotuladores negros..
O resultado é incrible non só pola vistosidade senon que transformaron as escaleiras nun punto de reflexión para que o alumnado interiorice en que escalón se atopan.

XOGA COA ORTOGRAFÍA