mércores, 28 de xaneiro de 2015

Radio Abrente 1º trimestre novembro 2014



No primeiro programa trataremos os seguintes temas:
1. Alumnado de 4º de ESO nos contará a AXENDA CULTURAL
2. Alumnado de 4º de primaria nos fala da DIVERSIDADE
3. Alumnado de 3º de primaria faralle unha entrevista a mestra de EDUCACIÓN ESPECIAL
4. Alumnado de 1º de ESO contaranos un conto A MIÑA IRMÁ LOLA
5. Alumnado de 3º de primaria recitará un poema de PAU CASALS titulado ERES UNHA MARAVILLA
6. Alumnado de 5º contaranos a historia da celebración do SAMAÍN
7. alumnado DA ESO leerá contos escritos por eles e inspirados no SAMAÍN
8. os consellos publicitarios serán a cargo de alumndo de 2º de primaria
9. Nos contarán as novas o alumnado de 2º da ESO e os de 1º de primaria
10. a presentación corre a cargo de alumnado de 6º de primaria

Radio Abrente quere fomentar o uso da lingua galega, así que como difundir a riqueza da nosa música.

Neste programa usamos os seguintes temas:
- Carapaus
- Marful
- Tanto nos ten
- A perloca mariñeira
- Sempre poñemos unha peza completa para finalizar, desta volta: 
  - O sonoro maxín, Quérote máis

sábado, 17 de xaneiro de 2015

Milleiros de recursos para o DÍA DA PAZ

30 de Xaneiro Día Escolar da Non-Violencia e da Paz

O día 30 de Xaneiro conmemórase Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.  É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado a unha reflexión persoal fundamental, de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".


O líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, faleceu o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.


Pinchando na imaxen de abaixo podes acceder a varias actividades interactivas sobre o día da PAZ

luns, 12 de xaneiro de 2015

Presentación do alumnado. Determinantes + Acentuación + Ortografía


PINCHA NA IMAXE E PODERÁS DESCARGAR 
UNHA PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 
3º DE PRIMARIA SOBRE OS DETERMINANTES
PINCHA NA IMAXE E PODERÁS DESCARGAR 
UNHA PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE
4º DE PRIMARIA SOBRE A ACENTUACIÓN EN GALEGO
PINCHA NA IMAXE E PODERÁS DESCARGAR
 UNHA PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 
5º DE PRIMARIA 
SOBRE AS REGRAS ORTOGRÁFICAS EN LINGUA CASTELÁ