martes, 29 de setembro de 2015

DIPTONGOS VS HIATOS


Este é un truco para aprender cando unha palabra contén diptongo ou hiato:
Existen 5 vogais:
  • as tres vogais fortes (as redondas, que son máis gordiñas) son: a, e, o
  • as dúas vogais débiles (as máis delgadiñas) son: i, u
As vogais fortes son imáns, as débiles son chapas . Os imáns repélense entre sí, así que sempre forman hiato, sen embargo atraen ás chapas, e con elas forman diptongo.
As dúas vogais débiles, como se ve no debuxo, están unidas por un corazón, se queren. Polo tanto, cando se atopan, forman diptongo.
Pero existe un raio destructor que desfai os diptongos, pero que só afecta ás chapas, é a tilde.
Importante: o raio destructor só afecta ás chapas, se aparece sobre os imáns, non ten ningún efecto.
Unha vez explicado, algún alumno ou alumna pode facer un mural en cartulina (ben grande para que se vexa perfectamente desde calquer punto da aula) e poñelo na parede durante algún tempo para que fixen tamén a imaxen e lles axude a lembrar.