mércores, 14 de outubro de 2015

RADIO ABRENTE

O alumnado voluntario de 6º primaria e ESO, xa está grabando o programa Radio Abrente 1º trimestre. Este proxecto surxíu do departamento de Normalización Lingüística e ten como lema RADIO ABRENTE, ABRE A TÚA MENTE!!

Tras a exitosa experiencia do ano pasado, as alumnas e alumnos preparan entusiasmados novas temáticas para este curso 2015/2016.

Os principais obxetivos son: fomentar o uso da nosa lingua galega, promover a nosa cultura, crear un espíritu de solidariedade, fomentar valores de cooperación...

Está grabado de forma moi caseira, aínda que o último programa foi grabado en directo por un equipo de xornalistas profesionais no Encontro de Rede de Centros Escolares Solidarios en Santiago de Compostela.

Podedes escoitar todos os programas grabados no seguinte enlace. Esperamos que vos gusten!!

mércores, 7 de outubro de 2015

O hábito da lectura en 21 dias

Estimadas familias,

Queremos propoñer unha actividade para que o alumnado adquira un hábito positivo, o hábito da lectura, que necesitan tanto. Consiste en introducir durante 21 días unha rutina diaria, facéndoa do mesmo xeito e á mesma hora cada día.
A clave de crear hábitos positivos consiste en pensar nos beneficios e en ser constante. Só así lograrán instalar un hábito sólido e duradeiro. Hai que ser disciplinado. Se o novo hábito está ligado a un valor importante, non lles custará realizalo.

Instrucións:
Colocar o calendario no lugar onde se realiza a lectura; riscar cada día que se lea. Ler un mínimo de 15 minutos. Pode ler un libro de lectura, libro do cole, revista, tebeo…

Se o neno sinte o placer da lectura, lerá moitos libros. Este feito traerá implícita a consecución dunha serie importante de obxectivos:
·         Espértase a imaxinación e fantasía do neno, ó introducilo en mundos fantásticos ou reais, case sempre descoñecidos.
·         Enriquécese o seu vocabulario, favorecendo a expresión e comprensión oral e a expresión escrita.
·         Intervén o factor visual e fixa a ortografía das palabras.
·         Mellora a elocución do neno, realizando lecturas expresivas, en voz alta.
·         Desenvolve a observación do neno, ó sentirse atraído polas ilustracións da lectura.
·         Aumenta o seu caudal de coñecementos ó relacionar as lecturas con outras áreas.
·         Comentado o leído favorécese a conversación e comprensión.
·         A través da lectura apréndese a estudiar.
·         Descubre a beleza da linguaxe lendo textos ben seleccionados: narracións, dramatizacións, recitacións.

Creo que todas estas razóns son suficientes para ver a importancia da lectura nos nenos e o porqué da importancia de animalos a ler. 

ACENTUACIÓN

Aquí vos deixo diferentes xogos sobre a acentuación, sílabas tónicas...

SÍLABAS TÓNICAS

SÍLABAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS

ORTOGRAFÍA