mércores, 25 de novembro de 2015

3 de decembro. Día da discapacidade

A educación é un piar básico de cara a lograr unha sociedade inclusiva, pero tamén de cara a fomentar a plena cidadanía das persoas con discapacidade intelectual, de aí a importancia de traballar por unha educación integradora, co fin de garantir a igualdade de oportunidades educativas para as persoas con discapacidade.

Deixovos uns vídeos sobre diferentes discapacidades coa fin de sensibilizar ao alumnado sobre este tema.

· LOS COLORES DE LAS FLORESdéficit visual
· UNA LUZ DIFERENTEsuperación


MÍRAME CUANDO TE HABLO, serie on line feita por persoas xordas
SUEÑO DE PEDRO, corto animado en lingua de signos

sábado, 21 de novembro de 2015

Radio Abrente novembro 2015



"Radio Abrente, abre a túa mente" 1º trimestre, novembro 2015 gravado polo grupo de VOLUNTARIADO do cole que son alumnado da ESO e 6º de primaria.

1. A presentación escrita e realizada por alumnado de 2º da ESO. 
2. As novas son a cargo de alumnado de 1º e 2º da ESO.
3. O conto "A curiosidade de Gabriel" escrito e gravado por Sheila de Rodríguez de 6º de primaria. 
4. Alumnado de 3º da ESO grava unha entrevista con Alba Otero, antropóloga que ven de gravar un documental sobre os refuxiados.
5. Alumnas de 4º da ESO nos contan a súa experiencia en Galiciencia.

Radio Abrente quere fomentar o uso da lingua galega, así como difundir a riqueza da nosa cultura.

Neste programa usamos os seguintes temas:
- Paco Nogueiras (Móvete, Samaín)
- Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Cantiga da Montaña
- Aid - Apréndeo
- Sempre poñemos unha peza completa para finalizar, desta volta: 
  SES, Non son fada.

Pensamos que a diferenza forma parte da propia natureza e que constitúe a súa maior riqueza.


luns, 2 de novembro de 2015