domingo, 21 de febreiro de 2016

II Xornada de Convivencia RECES

O Colexio Abrente forma parte do programa RECES (Rede de Centros Escolares Solidarios). 

Este ano RECES volve a organizar unha Xornada de Convivencia de dous días: o 20 e 21 de febreiro en Santiago de Compostela. Nela participan dous alumnos de cada centro. Os participantes deben ser da ESO e que participar no programa de voluntariado do centro. Os rapaces que foron este ano son de 3º da ESO.

Nesta convivencia fan diferentes actividades:


- i
dean actividades para o IV Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios,
-
deseñan actividades para o Día internacional do voluntariado na RCES,
- visitan unha ONG da cidade
, etc.

Buscan que   o   alumnado,   sexa  o  principal protagonista dalgunha das liñas estratéxicas que definan as accións na rede, xa que promover unha participación activa do alumnado, significa tamén dotar ao alumnado de capacidade para a toma de decisións de
determinadas liñas de traballo dentro da mesma.
 


Deixamos un par de vídeos:

- Xornada de convivencia do 2015





- Vídeoclip de "Móvete", grabado no III Encontro de RECES en maio do 2015 onde s
aen varios alumnos do noso colexio.