mércores, 30 de marzo de 2016

"Radio Abrente, abre a túa mente" 2º trimestre, marzo 2016



"Radio Abrente, abre a túa mente" 2º trimestre, marzo 2016 gravado polo grupo de VOLUNTARIADO do cole que son alumnado da ESO.

1. A presentación escrita e realizada por alumnado de 2º da ESO. 
2. As novas son a cargo de alumnado de 2º da ESO.
3. A entrevista realizáronlla a Ainoa e Antonio de 3º da ESO.
4. Alumnado de 2º da ESO grava unha entrevista ás persoas maiores do Centro de Día de Baltar, Portonovo, durante unha xornada de voluntariado.
5. Alumnado da ESO recitan "Maio Longo" de Rosalía de Castro.

Radio Abrente quere fomentar o uso da lingua galega, así como difundir a riqueza da nosa cultura.

Neste programa usamos os seguintes temas:
- persoas maiores do centro de día Baltar de Portonovo
- Paco Nogueiras (Móvete) 
- Mercedes Peón, Ajárrate (Sihá)
- Ultraqans, Vacas á rúa.
- Sempre poñemos unha peza completa para finalizar, desta volta: 
  Amigo, diEllas (a banda de Luis Tosar).

Pensamos que a diferenza forma parte da propia natureza e que constitúe a súa maior riqueza.

xoves, 17 de marzo de 2016

Determinantes, Acentuación, Reglas ortográficas


Este recurso é un material didáctico realizado polo Departamento de Orientación. Co que pretendemos que os alumnos utilicen novas metodoloxías e aprendan as normas de ortografía, os determinantes ou reglas de acentuación e a aplicalas de maneira autónoma. Poñemos en práctica diferentes estratexias didácticas, coa fin de que os alumnos aprendan dunha forma dinámica e participativa. Coas presentacións, ademais, poderán practicar e utilizar esa aprendizaxe en posteriores exercicios. 

- LOS DETERMINANTES.   
- ACENTUACIÓN.     
- REGLAS ORTOGRÁFICAS BÁSICAS

venres, 4 de marzo de 2016

8 de marzo día da muller traballadora

actividades LIM



conto
    
conto
contos e actividades
cómic borges
actividades de 3 a 16 anos
xogos


proposta didáctica
fichas pasatempos
actividades LIM

contos para pensar




fichas mulleres 
importantes da historia
video documental
conto