domingo, 24 de setembro de 2017

PON ATENCIÓN A ORTOGRAFÍA

Resultado de imagen de ortografía

      Preme na imaxe e poderás xogar coa ortografía e aprender novas regras que che axuden durante o curso.

      Como ben sabemos é importante respectar as normas ortográficas para que os escritos poidan ser entendidos por todos os falantes dun idioma.

      É certo que aínda que non se respecten certas regras ortográficas, podemos entender sen dificultade un texto, pero noutros casos por só unha letra mal empregada pódese cambiar o sentido da palabra.

      Como por exemplo:





domingo, 17 de setembro de 2017

XOGAMOS COAS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

            Nesta ocasión déixovos un xogo coas táboas de multiplicar, trátase dun Bingo. Como podemos ver nos cartóns veñen escritos diferentes números procedentes das táboas de multiplicar. Vou a explicarvos como debedes facer para xogar. 

1º. Teremos que ter os cartóns que vos deixo na imaxe, se premes nela poderás imprimila sen problema. 


2º Repartimos os cartóns entre os participantes do xogo, que como mínimo serán dúas persoas. 


3º Unha persoa deberá ter nun bombo todas as táboas escritas por exemplo; papéis nos que apareza, 1x1, 2x2, 3x9, 4x7 etc. 


4º A persoa encargada de cantar lerá en voz alta a multiplicación que sacou do bombo, por exemplo; 4x5.


5º Unha vez que leron en voz alta a multiplicación, todos os participantes deberán buscar o resultado no seu cartón, neste caso o número 20. Poderán poñerlle unha x, ou para que o xogo dure máis tempo, podemos tapar o resultado cun anaco de plastilina.

6º Gañará o primeiro en tapar todos os números do seu cartón. 



Veña, a xogar!!




mércores, 6 de setembro de 2017

REPASAMOS!!



Xa están a piques de comezar as clases polo que é importante repasar un pouquiño...

Se premes    
AQUÍ    atoparás moitos xogos cos que podes ir practicando.

luns, 4 de setembro de 2017

Volta ao cole!!




Benvidos a un novo curso escolar! Se premes AQUÍ poderás ver ideas para as portadas dos cadernos.

Falta moi pouco para vernos!!