domingo, 15 de abril de 2018

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

              O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenrolo e ao funcionamento cerebral. Trastorno no que a pesares dos avances das últimas décadas que determinaron varias claves fundamentais sobre o mesmo, o seu orixe segue sendo un misterio. Ademais, o autismo conta coa dificultade engadida de que cada persoa é diferente, de que cada individuo posúe características propias. 
              Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra cada 2 de Abril, o Departamento de Orientación do Colexio Abrente coa colaboración do alumnado do centro “pasou a palabra polo Autismo”, xogando ao popular xogo televisivo “Pasapalabra”.


“Rompamos xuntos as barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade máis accesible.”  
 


                                                         Preme na imaxe para ver o video.

                                                 

RADIO ABRENTE


Neste programa participan alumnado de toda a Educación Primaria e máis a da ESO. Trátase dun programa dedicado as migracións das persoas. Queremos informar sobre a situación na que se atopan as persoas que migran.







1. A presentación e a axenda cultural corre ao cargo dos voluntarios do alumnado de 3º e 4º da Eso

2. Os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria encargaranse de recitar o poema “Adios ríos” de Rosalía de Castro.

3.Un conto sobre interculturalidade a cargo dos alumnos de 4º de Educación Primaria.  

4. Opinións e consellos do patio do colexio Abrente. 

5. A entrevista a pais e nais do noso centro que viviron esta situación, correrá a cargo dos voluntarias de 3º e 4º da ESO.
6. O alumnado de 5º de Educación Primaria que lerá un manifesto na defensa de todas as persoas que se atopan nesta situación.
7. Tomas falsas.

A música empregada é:  -"Apertas que voan"  Brinca Vai
                                             -"Adios rios"  Amancio Prada.