xoves, 17 de maio de 2018

17 de maio Día das Letras Galegas 2018


(Preme a imaxe para ver o enlace)

Xa están a vosa disposición os materiais das Letras Galegas, 2018 para infantil e primaria. 
Poderedes atopar actividades interactivas sobre María Victoria Moreno Márquez, actividades, carteis e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, fotos, biografías en lingua de signos...

martes, 8 de maio de 2018

XOGOS PARA TRABALLAR A ORTOGRAFÍA

                                                                     Preme na imaxe e a xogar!

sábado, 5 de maio de 2018

RADIO ABRENTE VIAXA A SINGLE RADIO!


     O venres 4 de maio tivemos unha cita moi importante coa pedagoga Paula Suárez no seu programa "De Viva Voz" en Single Radio. 

      Na nosa intervención no programa falamos do Plan Proxecta (Rede de Centros Escolares Solidarios) que estamos levando a cabo no colexio, a través de proxectos como:

               -Observadores da convivencia. 
               -Dinamización de patios.
               -Radio Abrente. 
               -Rede de escolas polos Dereitos Humanos (Amnistía Internacional). 

      Queremos dar as grazas as alumnas que fixeron o programa: Laura, Uxía e Nuria e tamén a Paula Suárez pola súa invitación e un trato inmellorable.