domingo, 29 de marzo de 2020

5 XOGOS CON LAPIS E PAPEL

Deixamos unha lista de xogos que podedes facer en familia empregando lapis e papel como únicos materiais.  Estades preparados para a diversión?


Ler máis...
1. Adiviña quen é: Este é un xogo para dous ou máis xogadores. Primeiro repartimos papeis entre os participantes que escribirán o nome dun personaxe. Pode ser un personaxe de televisión, político, deportista etc. Cando toso anoten os personaxes, intercambiamos os papeis (de xeito que ninguén quede co seu propio papel). 
Cada participante pegará na frente, sin ler o que ten escrito (unha gota de auga é suficiente para pegalo).
Neste momento todos poden ver os papeis dos demais, pero ninguén o propio. 
Agora xogando por quendas cada persoa pode facer unha pregunta que deberá ser respostada con si ou non, por exemplo, son muller? son home? ....
O primeiro que descrube quen é gaña o xogo. 


2. Tutifruti: Pode ser de dous ou máis xogadores. Cada xogador precisa dunha folla de papel propia e un lapis.
Cada xogador fará unha táboa no seu papel. Cada columna corresponderá a unha categoría. 
Cando todos os xogadores teñan as súas táboas feitas e nunha bolsa teñamos todo o abecedario, sacamos unha letra da bolsa e iremos completando a táboa escribindo unha palabra que comece pola letra que sacamos e que corresponda a cada categoría. 
Cando algún xogador complete a táboa debe dicir "tutifruti" e o resto deben parar de escribir. Comezaremos a contabilizar os puntos do seguinte xeito: Cada palabra correcta que non coincida con ninguén 10 puntos, si está ben pero alguén xa a ten contará 5 puntos e no caso de que ninguén teña nada escrito nesa categoría e a teñamos ben contará 20 puntos.
O xogo durará o tempo que o desexe o grupo e daremos por gañador ao que máis puntos acade cando rematemos. 

3. Mimiteando: Para poder xogar precisamos de lapis, papel e un cronómetro (pode ser o do teléfono) Neste xogo deben participar 4 ou máis persoas. 
Cada xogador escribirá 3 ou 4 papeis con accións que logo serán representadas. Por exemplo; domar un león, pedir un taxi, facer un biscoito... 
Ninguén debe ver o resto de papeis. Logo metemos todos os papeis nunha bolsa. 
Xogaremos por equipos e por quendas. Unha persoa do primeiro equipo sacará un papel da bolse e sen falar, ou facendo ningún son, deberá actuar a acción que colleu da bolsa. Mentras o outro equipo controlará o reloxo para marcar cando remata o tempo. O normal é que cada equipo dispoña dun minuto para xogar, e despois cambiemos ao outro equipo. 
Si un equipo lograda adiviñar sen rematar o tempo poderá sacar outro papel para anotarse máis puntos. Cada adiviña lograda contará como un punto. 
Cando rematemos todos os papeis gañará o equipo que acade máis puntos. 

4. Naves: Para este xogo precisamos de papel e lapis, si dispoñemos de lapis de varias cores é mellor. Dobraremos pola mitade a follar, para marcar unha liña no centro. Cada mitade da folla será o campo de batalla de cada un dos xogadores. Cada xogador debuxa na súa metado 10 naves, dispersas por todo o campo. 
Cando as naves estén no seu sitio, toca deribar as do outro. Para facelo debemos debuxar unha bomba ou puntiño no teu lado do campo de batalla. Se ti es as estrelas, poderás debuxar do seguinte xeito. 
Unha vez feito dobraremos a folla pola parte que dobramos ao principio. A pesar de ter a folla dobrada veremos a bomba. Debemos remarcar co lapis a bolba, so que agora facemolo polo lado contrario. O que facemos e trasferir a bomba ao campo do contrincante.
Cando abramos a folla de papel saberemos se gañamos. Neste exemplo dimos polo que conta cunha nave menos. Gañará quen acabe coas naves do contrincante antes. 

5. Pictionary feito na casiña: Para poder xogar debemos ser 4 ou máis xogadores. Dividiremos os xogadores en dous grupos. Cada grupo anota 3 ou 4 papeis con obxectos ou situacións que logo meteremos nunha bolsa. 
Por quendas cada grupo dispondrá dun minuto para leer e debuxar o que aparece no papel, tratando de que o descubran os seus compañeiros. Cada vez que un equipo adiviñe anotará un punto, no caso de adiviñar antes de acabar o tempo poderá coller outro papel. 
Gañará o equipo que máis puntos anote. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario