venres, 27 de marzo de 2020

TUTORIAL SCRAPBOOKING

Hoxe deixamos un tutorial dun álbum de peto de scrapbooking!
1. Materiais que precisades. 
- Lapis e goma
- Regla 
- Tesoira e pegamento 
- Cortolinas (brancas e de cores)
- Papel decorado (pode ser papel de agasallo)
- Pinturas, rotuladores e acuarelas. 
- Punzón e pincel

2. Comezamos! 

Ler máis...
Colle a cartolina que empregues como base. E marca a 22´5 cm por 29 cm. Despois recorta. 


3. Unha vez que temos a cartolina a 22´5cm x 29cm pasamos a facer marcas polas que dobraremos. 

Lado de 22´5: marcamos a 7´5 cm e 15 cm. 
Lado de 29 cm: marcamos a 7,5cm, 8cm, 15´5cm, 16cm e 23´5cm. 

Deixando a cartolina como a vemos na imaxe. 
4. Cortamos polas líneas marcadas de vermello tal e como aparece no esquema. 




Debe quedar como vemos na imaxe. 


5. Seguindo o esquema cortamos pola metade as lapelas que aparecen marcadas cunha estrela. 
Quedando como vemos na imaxe. 
6. As lapelas que cortamos pola mitade, serán uns petos nos que gardaremos imaxes ou tarxetas, polo que para que sexa máis sinxelo collelas cortaremos una apertura no medio de cada lapela. Podedes empregar o tapón dunha botella para facelas da mesma forma en todas as lapelas. 


7. Unha vez que temos a estructura feita, pasamos á decoración. Collemos o papel decorado e cortamos cadrados que midan 7cm por 7 cm.

 8. No caso de non ter papel decorado, podemos decorar a cortolina branca. Neste caso utilizamos acuarelas pero podes empregar o que desexes.  En total precisamos 12 cadrados. 
9. Unha vez decorada a cartolina, cortamos en cadrados de 7cm por 7 cm. E pegamos todos os cadrados como máis nos guste.


10. Unha vez pegado o papel decorado, pegaremos os petos. Nesta caso debemos empregar un pegamento máis resistente. Pegamos as beiras dos petos tal e como vemos na imaxe. 

11. Seguimos coa decoración, neste caso pintamos e recortamos unhas imaxes. (Descargar imaxe aquí
12. Coas sobras de papel creamos tarxetas para meter nos petos.
 Cortamos 3 anacos iguais de papel, quitamos as esquinas para darlle un toque máis profesional e fixemos buracos no centro para colgar la. 
13. A mesma la que empregamos nas tarxetas a podemos empregar para pechar o mini álbum. E xa estaría feito. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario