domingo, 17 de xaneiro de 2016

Teatro de sombras: "A qué sabe a lúa?"



Alumnado de 4º de educación primaria fixo unha representación de teatro de sombras titulada: A que sabe a lúa?

Despois de preparar os materiais, ensaiar cos textos e coas sombras durante o primeiro trimestre, por fin o puideron representar para nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º, 3º, 4º de primaria e educación especial. 

Neste vídeo vese a función en directo que realizaron para os seus compañeiros de 3º e 4º de primaria, eles se encargan de contar a historia e de mover as figuras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario