domingo, 31 de xaneiro de 2016

Vídeo do Día da Paz, Colexio Abrente

O alumnado e profesorado do Colexio Abrente, preparou un vídeo moi especial para conmemorar o día escolar da non violencia e da paz

Con estos bailes solidarios, ademáis colaboramos coa Rede de Escolas de Amnistía Internacional de Galicia, na montaxe dun vídeo, en relación ao tema dos refuxiados, para transmitirlles unha mensaxe colectiva, de apoio, confianza e comprensión pola difícil situación que lles toca vivir, coa esperanza de que o regreso é posible, e o noso desexo de que un día non moi afastado poidan reconstruír un novo futuro no seu país. 

Con este obxectivo pensaron na montaxe dun vídeo no que colaboramos 14 centros educativos inscritos na Rede de Escolas de Amnistía Internacional de Galicia. VER VÍDEO

Ningún comentario:

Publicar un comentario