Amosando publicacións coa etiqueta 20 novembro dereitos infancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 20 novembro dereitos infancia. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de novembro de 2016

20 Novembro: Día Internacional da Infancia


NACIÓNS UNIDAS
O 20 de novembro conmemórase o aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia. Este tratado recolle os dereitos dos nenos e as nenas, que se resumen en 10:

  1. Dereito á igualdade sen importar a raza, a cor, o sexo, o idioma, a relixión, a opinión política, o lugar de nacemento ou quen son os seus proxenitores
  2. Dereito especial a crecer e desenvolverse física e espiritualmente
  3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade
  4. Dereito a ter unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas
  5. Dereito a unha educación e atencións especiais para o alumnado con deficiencia, discapacidade ou minusvalía
  6. Dereito a ter comprensión e amor por parte das familias e a sociedade
  7. Dereito a unha educación gratuíta, a divertirse e a xogar
  8. Dereito prioritario en caso de perigo
  9. Dereito a ser protexidos contra o abandono e a explotación no traballo
  10. Dereito a ser educados na paz, comprensión e fraternidade entre os pobos