"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.
As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. É moi importante que a sociedade entenda cales son esas barreiras porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.
Mostra o teu apoio ás persoas con TEA e ROMPE BARREIRAS POLO AUTISMO para poder facer unha sociedade inclusiva e accesible para TODOS.
O día 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. É unha xornada educativa depacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra"
Por este motivo o alumnado desde 3 anos a 4º da ESO, realizou un abecedario da paz que podedes ver na entrada do cole.
Alumnado de 4º de educación primaria fixo unha representación de teatro de sombras titulada: A que sabe a lúa?
Despois
de preparar os materiais, ensaiar cos textos e coas sombras durante o
primeiro trimestre, por fin o puideron representar para nenos e nenas de
educación infantil, 1º, 2º, 3º, 4º de primaria e educación especial.
Neste
vídeo vese a función en directo que realizaron para os seus compañeiros
de 3º e 4º de primaria, eles se encargan de contar a historia e de
mover as figuras.
Programa de radio gravado por alumnado do Colexio Abrente en maio do 2015 en Santiago de Compostela, tendo lugar o III Encontro Rede de Centros Escolares Solidarios.
Lipdub realizado polos/as participantes na II Xornada Construíndo Redes dentro da Rede de Centros Escolares Solidarios.
Tivo lugar no Albergue Xuvenil Lug-II (Lugo) entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo de 2015.
O III encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios de Galicia tivo lugar na xornada do dia 28 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela coa participación de 15 docentes e 120 mozos estudantes de 7 dos centros académicos que forman parte da devandita Rede.Ao longo da maña proxectáronse diferentes propostas de audiovisual sobre accións solidarias desenvolvidas nos centros, informouse do contido das actividades elaboradas polos /as propios mozos para a conmemoración do vindeiro Dia Internacional do Voluntariado e cubriuse a información do encontro por alumnas e alumnos do Colexio CPR Abrente de Portonovo a través do programa de radio da RCES, que foi, nesta edición,unha das propostas novidosas presentadas polos participantes.
Xa pola tarde nas mesas solidarias xestionadas polos centros cada un das e dos alumnos/as e profesores/as participantes tiveron a oportunidade de coñecer e intercambiar boas prácticas de carácter voluntaria desenvolvidas ao longo do ano no marco da Rede.
Para rematar todas e todos os mozos voluntarios participaron, xunto con nenas e nenos do Colexio de Infantil e Primaria de Fontiñas en Santiago de Compostela, na gravación do vídeo musical da canción da RCES “Móvete” composta polo artista compostelano Paco Nogueira.
24 de febreiro. Eu son Rosalía! Un libro e unha flor
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora e data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor. Desde o Colexio Abrente colaboramos con este proxecto grabando este video, que quere ser a nosa aportación ao Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro 2015.