Amosando publicacións coa etiqueta día do voluntariado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do voluntariado. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de febreiro de 2020

RADIO ABRENTE!


Xa temos dispoñible o novo programa de Radio Abrente. Un programa escolar no que facemos unha conmemoración ao Día Internacional da Radio (13 de febreiro). Ademais contamos coa colaboración de nais representantes do ANPA que nos falan sobre a súa labor no centro e abordamos tamén o 8 de marzo a través do feminismo.

Agardamos que desfrutedes deste novo programa!



venres, 4 de decembro de 2015

5 de decembro. Día Internacional do Voluntariado

venres 4 de decembro celebramos a conmemoración do Día Internacional do Voluntariado. O colexio Abrente forma parte de RCES (Rede de Centros Escolares Solidarios). E unha pequena representación do alumnado voluntario realizou unha teleconferencia con outros centros para explicar como van conmemorar este día, así como describir as demais actividade de voluntariado que se levan a cabo no centro.
Outra actividade que se realizará será visitar un centro de día que traballa con persoas maiores para participar nas actividades que fan no centro e sacar uns selfies solidarios que compartiremos máis adiante na web do colexio.