Amosando publicacións coa etiqueta radio escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio escolar. Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de novembro de 2023

1º PROGRAMA: A NOVA LEI ANIMAL

Os alumnos de 3º da ESO fixeron un gran traballo de investigación na clase de valores sobre a nova Lei Animal que quixeron compartir con todos a través deste gran programa. Esperamos que vos resulte tan interesante como a nós facelo. Voltamos no próximo programa da Radio Abrente!

mércores, 26 de outubro de 2022

RADIO ABRENTE 1º TRIMESTRE

 1º Programa Radio Abrente "A casa abandonada"

Estimados ointes, aquí está de novo o voso programa de radio favorito! Nesta ocasión os alumnos voluntarios da clase de 6º de primaria fixeron un programa tenebroso moi acorde a tempada na que estamos. É un programa un tanto tenebroso así que esperamos que non pasedes moito medo.


sábado, 4 de xuño de 2022

RADIO ABRENTE 3º TRIMESTRE

 Este trimestre contamos coa colaboración do alumnado de 5º de Educación Primaria como presentadores e cantantes e có alumnado de Educación Especial. 

Neste novo episodio podedes escoitar como os Reviracontos danlle a volta aos contos tradicionais e como a aula de 5º conta cuns grandes presentadores e unhas cantantes de 10!

ESCOITANOS EN RADIO ABRENTE!!!

sábado, 5 de marzo de 2022

RADIO ABRENTE ESPECIAL EUROVISIÓN!

Acaba de saír do forno un novo programa de Radio Abrente, no que o alumnado de 5º de Educación Primaria fai unha breve explicación sobre o festival de Eurovisión, cales son as súas normas, como foi evolucionando có paso do tempo... Se queres saber máis escoitanos en RADIO ABRENTE!! 


xoves, 6 de maio de 2021

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO!

 Hoxe deixamos un programa de Radio elaborado polo alumnado de 3º ESO en colaboración coa profe Fiona. Neste programa coñeceremos máis en profuncidade o Autismo. 

Escoitanos en Radio Abrente!


luns, 5 de abril de 2021

RADIO ABRENTE 2º TRIMESTRE

 Hoxe deixamos o programa de Radio Abrente do 2º trimestre da man do alumnado de Educación Especial que fan un breve resumo do seu proxecto sobre as formigas. Non perdas ni un minuto e pasa a escoitar RADIO ABRENTE!! 


sábado, 13 de febreiro de 2021

13 de febreiro DÍA MUNDIAL DA RADIO!

 Este ano para conmemorar o Día Mundial da Radio (13 de febreiro) participamos a través dun podcats con outros centros grazas a iniciativa levada a cabo por "Escolas nas Ondas". 

Deixamos o link para que escoitedes o noso audio xunto có de moitos compañeiros de radio escolar! Preme na imaxe.


Tamén deixamos o noso audio para escoitar directamente. 


martes, 22 de decembro de 2020

RADIO ABRENTE

 Xa temos dispoñible o novo programa de Radio Abrente. Un programa escolar no que facemos unha reflexión de como afecta o Coronavirus á nosa rapazada. É importante escoitar con moita atención pois entre todos debemos mellorar esta situación. 

Unha moi boa reflexión desde a visión dos rapaces. Non vos perdades este programa. 

Agardamos que desfrutedes deste novo programa!