Amosando publicacións coa etiqueta autismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autismo. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenrolo e ao funcionamento cerebral. Trastorno no que a pesares dos avances das últimas décadas que determinaron varias claves fundamentais sobre o mesmo, o seu orixe segue sendo un misterio. Ademais, o autismo conta coa dificultade engadida de que cada persoa é diferente, de que cada individuo posúe características propias. 

Aprende máis sobre o autismo, preme na imaxe!



xoves, 6 de maio de 2021

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO!

 Hoxe deixamos un programa de Radio elaborado polo alumnado de 3º ESO en colaboración coa profe Fiona. Neste programa coñeceremos máis en profuncidade o Autismo. 

Escoitanos en Radio Abrente!


luns, 3 de abril de 2017

2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.



As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. É moi importante que a sociedade entenda cales son esas barreiras porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.
Mostra o teu apoio ás persoas con TEA e ROMPE BARREIRAS POLO AUTISMO para poder facer unha sociedade inclusiva e accesible para TODOS.

venres, 27 de marzo de 2015

2 de abril Día Mundial da Concienciación do Autismo

O día 2 de abril é o día internacional de concienciación sobre Autismo. 
Desde o Departamento de Orientación do Colexio, realizamos varios carteis para sensibilizar sobre este tema.

Tamén sinalizamos permanentemente o centro con Pictogramas. Para a organización e delimitación clara dos espazos que permita aos alumnos con TGD/TEA unha boa orientación á hora de acceder aos diferentes servizos (aula, comedor, sala de profesores, etc.) e desprazarse por todos eles. 

Placas de sinalización ou identificación das diferentes salas (aula, biblioteca, comedor, dirección), que mostran un debuxo que identifique claramente os diferentes espazos.

 AUTISMO GALICIA
MÁIS INFO: AUTISMO GALICIA

martes, 23 de setembro de 2014

NUEVA VERSIÓN PICTOSONIDOS


El Equipo de PICTOAPLICACIONES informa a través de su blog
sobre las actualizaciones realizadas en  la aplicación PICTOSONIDOS.

"En esta actualización se incluyen veinte nuevas categorías, referidas a campos semánticos y a rutinas. 
En cada una de ellas se presentan los términos con locución de voz, 
y cuando es posible se refuerza con la reproducción de la onomatopeya. 
Para ampliar la comprensión del concepto se incluyen frases 
para cada uno de los términos que contiene."

Aplicacións para primaria e infantil