Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

XOGOS POLA PAZ

 O día 30 de Xaneiro conmemórase Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.  É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado a unha reflexión persoal fundamental, de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".



O líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, faleceu o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.


GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.






DEIXAMOS UNHA PRPOSTA DE DIFERENTES XOGOS PARA QUE PODADES DESFRUTAR EN FAMILIA! 

  
  
 















xoves, 23 de outubro de 2025

xoves, 12 de xuño de 2025

CONTOS INTERACTIVOS

Hoxe deixamos unha colección de contos interactivos, nos que poderás ler e facer diferentes actividades. Preme na imaxe e a desfrutar!



xoves, 8 de maio de 2025

SUMAS E RESTAS

 Continuamos có traballo de matemáticas, nesta ocasión un xogo clásico para repasar sumas e restas de 1º de educación primaria! 



mércores, 23 de abril de 2025

mércores, 2 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenrolo e ao funcionamento cerebral. Trastorno no que a pesares dos avances das últimas décadas que determinaron varias claves fundamentais sobre o mesmo, o seu orixe segue sendo un misterio. Ademais, o autismo conta coa dificultade engadida de que cada persoa é diferente, de que cada individuo posúe características propias. 

Aprende máis sobre o autismo, preme na imaxe!



venres, 21 de marzo de 2025

SINDROME DE DOWN

 Hoxe 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down. Deixamos uns enlaces para que o poidades coñecer máis en profundidade. 

 



xoves, 14 de novembro de 2024