Amosando publicacións coa etiqueta aprendizaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aprendizaxe. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

XOGOS POLA PAZ

 O día 30 de Xaneiro conmemórase Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.  É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado a unha reflexión persoal fundamental, de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".



O líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, faleceu o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.


GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.






DEIXAMOS UNHA PRPOSTA DE DIFERENTES XOGOS PARA QUE PODADES DESFRUTAR EN FAMILIA! 

  
  
 















martes, 17 de marzo de 2020

XOGO ADIVIÑA ADIVIÑA!

Descarga e imprime o patrón (preme na imaxe), recorta e dobra por donde indican as liñas punteadas e escribe unha mensaxe detrás de cada número. 

Desde "salta 10 veces a pata coxa" a "gaña unha lambetada", as mensaxes corren pola túa conta! 

Sapos e princesas.

XOGO DE MEMORIA

Este xogo é ideal para traballar a memoria con nenos a partir dos 4 anos. 

Primeiro descarga a patrón (preme na imaxe),  despois recorta cada figura e pega cada parte a un palillo imitando un xeado. 

O xogo consiste en dispoñer os xeados sobre a mesa co estampado boca abaixo e a arte rosa cara arriba, e por quendas levantade dous xeados ata atopar parellas. 

A clave está en memorizar a posición e o debuxo de cada xeado para localizar as parellas antes que o outro xogador. 
Sapos e princesas.

venres, 10 de maio de 2019

A ILLA DAS LETRAS!

O xogo lévase a cabo nunha illa na que os animais son os protagonistas e unha familia. Atrévete a viaxar pola illas das letras para coñecelas todas! 



domingo, 4 de maio de 2014

luns, 31 de marzo de 2014

MAPAS INTERACTIVOS


RÍOS DA PENÍSOLA IBÉRICA


http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/provincias-de-espaa-donde-esta/22c6f812-c48e-40ab-8e63-aae34d2282c4
COMUNIDADES AUTÓNOMAS 
DE ESPAÑA

PROVINCIAS
DE ESPAÑA

CAPITAIS DE EUROPA

RELEVO DE EUROPA

RELEVO DE ESPAÑA

RÍOS DE EUROPA

MAPAMUNDI
CONTINENTES E OCÉANOS

CIDADES DO MUNDO