mércores, 4 de febreiro de 2015

RADIO ABRENTE 2º TRIMESTRE


Xa está grabado o novo programa de radio abrente 2º trimestre. 
Co noso lema RADIO ABRENTE, ABRE A TÚA MENTE, este proxecto do departamento de normalización lingüística está tendo moi boa acollida entre o alumnado e as súas familias. 
No seguinte programa trataremos os seguintes temas: 

1. A presentación e a axenda cultural corren a cargo de alumnado de 5º de primaria 
2. Alumnado de 1º de primaria nomeará as palabras máis fermosas da nosa lingua. 
3. Os consellos publicitarios corren a cargo do alumnado de 2º de primaria 
4. Alumnado de 4º de primaria fará un repaso da vida de Rosalía de Castro 
5. Alumnado de 3º de primaria recitará uns poema de Rosalía de Castro. 
6. Alumnado de 4º de primaria nos fala do día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA. 
7. O alumnado de 6º de primaria nos falarán do entroido en Galicia 

Radio Abrente quere fomentar o uso da lingua galega, así que como difundir a riqueza da nosa música.

Neste programa usamos os seguintes temas:
- Carapaus
- Roi Casal
- Marful
- O sonoro maxín, Quérote máis
- Sempre poñemos unha peza completa para finalizar, desta volta: 
  - Carapaus, Maios de Redondela
Como anécdota, o grupo de música Carapaus do que usamos a súa música fala de nós na súa páxina de fb CARAPAUS "Desde o colexio Abrente de Portonovo chéganos este fantástico proxecto: a Radio Abrente! Trátase dun proxecto trimestral que levan a cabo alumnos do centro, dando boa conta do que ocorre na súa escola día a día. A maior alegría é escoitalas músicas de fondo, pois tiveron a ben escollernos a nós! Estamos ben orgullosos de que a música tradicional entre nas escolas, e é unha honra que nesta ocasión soe Carapaus! Grazas aos nenos e á súa mestra Lorena!" "Radio Abrente, abre a túa mente!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario