domingo, 26 de abril de 2015

Festa dos Maios

UNIDADE DIDÁCTICA

A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto   a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.

 Máis información en Festa dos maios na Galipedia 


A tradición ancestral dos maios humanos ou da Festa do Maio de Vilafranca é un costume que con ser moi común hai 100 anos en Galicia hoxe só se conserva nos seus lindes culturais, no Bierzo

Ningún comentario:

Publicar un comentario