domingo, 19 de xaneiro de 2020

DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ.

O día 30 de Xaneiro conmemórase Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.  É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado a unha reflexión persoal fundamental, de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".


O líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, faleceu o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.


GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.




Ningún comentario:

Publicar un comentario