domingo, 19 de setembro de 2021

XOGAMOS COAS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

 Nesta ocasión déixovos un xogo coas táboas de multiplicar, trátase dun Bingo. Como podemos ver nos cartóns veñen escritos diferentes números procedentes das táboas de multiplicar. Vou a explicarvos como debedes facer para xogar. 


1º. Teremos que ter os cartóns que vos deixo na imaxe, se premes nela poderás imprimila sen problema. 


2º Repartimos os cartóns entre os participantes do xogo, que como mínimo serán dúas persoas. 


3º Unha persoa deberá ter nun bombo todas as táboas escritas por exemplo; papéis nos que apareza, 1x1, 2x2, 3x9, 4x7 etc. 


4º A persoa encargada de cantar lerá en voz alta a multiplicación que sacou do bombo, por exemplo; 4x5.


5º Unha vez que leron en voz alta a multiplicación, todos os participantes deberán buscar o resultado no seu cartón, neste caso o número 20. Poderán poñerlle unha x, ou para que o xogo dure máis tempo, podemos tapar o resultado cun anaco de plastilina.

6º Gañará o primeiro en tapar todos os números do seu cartón. 



Veña, a xogar!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario