martes, 17 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS´22

 


(preme na imaxe e visualiza o vídeo)


    Neste ano 2022, queremos conmemorar unha das datas máis significativos para a nosa lingua; o 17 de Maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  e nesta ocasión, da man do escritor e poeta FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

    Para coñecer un pouco da súa vida e obra compartimos estes enlaces nos que podedes atopar diversas actividades.

    No enlace do Seminario Galán  hai actividades interactivas, en formato genially, actividades en PDF, carteis da exposición, cuestionarios, marcapáxinas, biografía, escolma de texto, fotos, canción poema "Pandeirada...

    http://www.seminariogalan.org/   

    Pola súa parte no enlace,  da Real Academia Galega, "A primavera das Letras" , pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.

   primaveradasletras.gal    


Mural con poemas de Florencio Delgado ilustrados polo alumnado da ESO do noso centro. Hai tamén poesías lidas e unha pequena biografía gravada en audio por un deles. Para gozar do traballo realizado pola nosa rapaza:

https://padlet.com/icamesella/iuc0ust83s2g1nfj

Ningún comentario:

Publicar un comentario